Friday 03 de May de 2024

O PSOE reclama á Xunta que se cubran as prazas de médicos do Centro de Saúde de Frades


–Máis dun centenar de veciños participaron nunha concentración para denunciar a caótica situación sanitaria do municipio e reclaman “unha solución urxente”

Máis dun centenar de veciños e veciñas de Frades participaron hoxe na concentración convocada polo PSOE ante o Centro de Saúde da localidade para reclamar á Xunta de Galicia que cubra as prazas de médicos do municipio.
A manifestación contou co apoio, entre outros, do voceiro socialista en materia de Sanidade no Parlamento de Galicia, Julio Torrado, do deputado Martín Seco e e do coordinador comarcal do PSOE, Antonio Leira Piñeiro, entre outros.
O portavoz do PSOE de Frades Enrique Astray, reivindicou que se cubran de forma urxente as dúas prazas de médicos do municipio. “Non se cubriu a xubilación dun médico e a médica do consultorio deixa o posto para incorporarse ao Exército uns meses. Non nos poden deixar sen atención médica. Xa non cremos as promesas da Xunta nin do alcalde, levamos moito tempo esperando e reclamamos unha solución urxente”, afirmou o portavoz socialista.
Astray subliñou ademáis que Frades leva “mais de dous anos sen pediatra” e que as esperas para unha cita no centro de saúde son “interminables”. “Unha situación caótica á que a Consellería de Sanidade ten que pór solución xa. Podemos esperar por unha obra, pero non podemos esperar cando necesitamos que nos atenda un médico”, defendeu.